
» www.festadaistoria.com » Portada » Voluntarios e artesáns »
Voluntarios
Os voluntarios representan un dos piares básicos da organización da Festa da Istoria. Sen a súa presenza e colaboración desinteresada esta festa non sería posible.
Calcúlase que participan ao redor de 500 voluntarios de todas as idades ao longo de todo o ano en actividades como os obradoiros (cursos), desfile de presentación e durante o día da festa.
Artesáns
Dentro da celebración do evento os artesáns reflicten cos seus quefaceres os oficios que antigamente inundaban as ancestrais rúas de Ribadavia.
Existen dous tipos de artesáns:
- Demostración
- Venda
Demostración: Están situados nos lugares emblemáticos do casco histórico de Ribadavia e a súa función é a elaboración de produtos medievais como forma de divulgación daqueles oficios artesanais que actualmente se encontran en desuso ou perdidos e que dende esta fundación se queren potenciar.
Para acceder á súa visita é necesario estar vestido de época debido a que como se dixo antes se encontran en monumentos e lugares emblemáticos cuxa única forma de acceso é esa.
Venda: Se encontras situados ao longo das rúas do casco histórico e os seus produtos de venda pasan un estrito control por parte da fundación en canto a calidade e adecuación á época medieval.
Fundación Festa da Istoria: Rúa Escobetes 10 - 32400 Ribadavia (Ourense) - Teléfono: (+34) 988 476 022 - E-mail: info@festadaistoria.com
© 2010 Fundación Festa da Istoria - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Privado // Deseño e programación Grupo5.com