
» www.festadaistoria.com » Portada » Festa da Istoria » Xadrez »
Xadrez
As batallas polo poder levan sempre a eliminar ao contrario.
Sobre un gran taboleiro pintado sobre a pedra da Praza Maior xóganse partidas curtas entre dous contrincantes.
As pezas, brancas e negras, están representadas por nenos e nenas voluntarios, da indumentaria destaca o gorro, que representa a cada peza do xogo do xadrez.
As pezas loitan entre se, ás ordenes dos dous nobres que disputan a partida, e durante o seu desenvolvemento as pezas que loitan entre se, con espadas de madeira e son derrotadas, abandonan o taboleiro nunha padiola de madeira.
É unha das actividades máis vistosas e que permite a participación voluntaria dos máis pequenos no desenvolvemento da Festa.
Fundación Festa da Istoria: Rúa Escobetes 10 - 32400 Ribadavia (Ourense) - Teléfono: (+34) 988 476 022 - E-mail: info@festadaistoria.com
© 2010 Fundación Festa da Istoria - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Privado // Deseño e programación Grupo5.com