
» www.festadaistoria.com » Portada » Festa da Istoria » Torneo medieval »
Torneo medieval
Os Torneos medievais xurdiron cara ao ano 1060 atribuíndose a súa invención a un cabaleiro francés.
Os primeiros torneos eran contendas entre grupos de nobres e cabaleiros formando dous pequenos exércitos e cunhas normas básicas.
Unha delas era que o primeiro en caer do cabalo tenia que entregar a súa armadura e pagar un rescate como na guerra real.
Segundo contan os cronistas da época moitos cabaleiros fixeron grandes fortunas coa súa participación nestas contendas, así como outros tantos quedaban arruinados.
O Torneo, actividade que se desenvolve no "Campo da Feira" propón a veciños e visitantes gozar dunha tarde na que cabaleiros chegados a Ribadavia se disputasen o trofeo que recibirán de mans do Rei.
Fundación Festa da Istoria: Rúa Escobetes 10 - 32400 Ribadavia (Ourense) - Teléfono: (+34) 988 476 022 - E-mail: info@festadaistoria.com
© 2010 Fundación Festa da Istoria - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Privado // Deseño e programación Grupo5.com