
» www.festadaistoria.com » Portada » Festa da Istoria » Teatro »
Teatro
Dous son as obras que alternativamente se representan no Auditorio do Castelo dos Sarmiento, "O Malsín" e "A Endiañada", calquera delas é unha parte real da historia do Ribeiro e da súa capital Ribadavia.
No "Malsín" represéntase unha historia sucedida coa Inquisición, onde un veciño de Ribadavia denuncia á súa familia, incluída a súa nai, por judaizantes, o que fai intervir a Inquisición, que tras diversos sumarios condena os veciños. Comprobándose posteriormente a falsidade dos testemuños o resto de veciños mata o acusador e a Inquisición declárao herexe sendo desterrados e queimados os seus ósos.
"A Endiañada" conta outra parte da historia, cando o Sr. de Ribadavia é feito preso por Pedro Madruga e a súa esposa quixo formar un exercito para liberalo, ao que se negou o Pobo. Isto levo á suba dos impostos e o xuíz en común acordo coa condesa encarcerou aos homes de pro da Vila, incluídos entre eles o Alcalde de Ribadavia, o que provoco un levantamento veciñal que apreso a condesa e o xuíz, aos que mataron arrastrándoos polas rúas e prazas da vila, repoñendo de novo o alcalde como primeira autoridade.
Estas representacións son feitas por voluntarios que ensaian durante os meses anteriores á "Festa da Istoria".
Fundación Festa da Istoria: Rúa Escobetes 10 - 32400 Ribadavia (Ourense) - Teléfono: (+34) 988 476 022 - E-mail: info@festadaistoria.com
© 2010 Fundación Festa da Istoria - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Privado // Deseño e programación Grupo5.com