
» www.festadaistoria.com » Portada » Festa da Istoria » Desfile »
Desfile
Cando un pobo representa o pasado comprácese da súa historia.
O Desfile, acto inicial da Festa, é a actividade máis espectacular e multitudinaria. É a representación visual da Historia, tanto no referente ao distinto vestiario da época como as diversas actividades do día.
Ordenadamente acompañan o Rei os seus cabaleiros, o cetreiro maior e o paxe portador da espada. A Raíña marcha uns pasos atrás, acompañada das doncelas e damas importantes do reino.
Tras a Raíña, o adiantado maior de Galicia, tamén Señor de Ribadavia, que aparece acompañado dos seus cabaleiros a pé.
A representación eclesiástica vai encabezada polo Bispo de Tui, diferentes ordenes relixiosas e demais membros da Igrexas.
Posición destacada teñen os Notables da Historia, membros do goberno da Vila e os defensores (soldados e arqueiros) da fortaleza de Ribadavia e as súas murallas.
Acompañan á comitiva os cetreros, as pezas de xadrez, os saltimbanquis, malabaristas, grupos de animación de rúa e o Pobo pecha o desfile. Abrindo paso á comitiva os señores da Vila (Xigantes) Don Pedro e Dona Ana e o Grupo dá Historia, que interpretan o Antigo Himno do Reino de Galicia.
O percorrido do desfile realízase por rúa principal da vila e finaliza na Praza Maior, onde o Rei, a Raíña e o Adiantado Maior de Galicia teñen os seus tronos preparados para dar comezo aos actos da Istoria.
Fundación Festa da Istoria: Rúa Escobetes 10 - 32400 Ribadavia (Ourense) - Teléfono: (+34) 988 476 022 - E-mail: info@festadaistoria.com
© 2010 Fundación Festa da Istoria - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Privado // Deseño e programación Grupo5.com