
» www.festadaistoria.com » Portada » Festa da Istoria » Bando »
Bando
Un pobo culto sabe tratar sempre os seus visitantes.
Como todo Bando, este é un anuncio e unha proclamación dun acontecemento, neste caso festivo, que pretende invitar a ribadavienses, ribeiranos e forasteiros a facer súa a alegría da festa.
Un heraldo que percorre acompañado por músicos con percusión as rúas e prazas da Vila, fai públicas disposicións e requirimentos para embelecementos de fachadas e ventás, para a limpeza das rúas, para a oferta, subministración e presentación de viños e alimentos e, moi especialmente, para asegurar a circulación da moeda oficial da festa: o marabedí.
Despois das noticias e prescricións, remata o Bando da Istoria:
"...E por último ordenaron e mandaron, que ao que comida e bebida refírese sexa de abundancia de anos anteriores, así como a hospitalidade da que é habitual neste termo. Que na saída da comitiva repiquen todas as campás que na vila hai e que tanto as casas do vencindario, castelo das Vides e casa do Concello se fagan ondear ao vento todas as bandeiras e insignias do Condado, ao vento da nosa historia, que se abran as páxinas mais belas e creativas dela, para que ese vento traia a Ribadavia unha Istoria feliz para todos".
(Cita do autor: Samuel Eijan ou Meruéndano).
Fundación Festa da Istoria: Rúa Escobetes 10 - 32400 Ribadavia (Ourense) - Teléfono: (+34) 988 476 022 - E-mail: info@festadaistoria.com
© 2010 Fundación Festa da Istoria - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Privado // Deseño e programación Grupo5.com