A festa medieval de Ribadavia, declarada de Interés Turístico Nacional.

Fundación Festa da Istoria

galego  |  español  |  english

Accesibilidade Accesibilidade      Mapa do sitio Sitemap  Versión RSS RSS

SECCIÓNS

Festadaistoria.com

Festa da Istoria  » www.festadaistoria.com » Portada » Festa da Istoria » Baile medieval »

Agregar a Facebook Agregar a Twitter

FESTA DA ISTORIA

Festa da IstoriaBaile medieval

Festa da Istoria

Antes do século XIII a información dispoñible é moi escasa. O pouco que sabemos procede de testemuños de pintura e escultura e de referencias en literatura.

Sabemos que en tempos dos trobadores entre as distintas clases de cancións estaba a canción para bailar ou CAROLA, unha canción para acompañar dunha danza, que parece ser tivo dous formas: a BRANLE (danza en roda) e a FARANDOLA (danza en liña).

O século XIV, ten moi poucas referencias documentais sobre a danza, aínda que como recolle Boccaccio, no seu Decameron, os mozos bailaban dúas veces ao día despois das comidas, pero sen referencia ao tipo de bailes.

Co século XV entramos nun período do que temos constancia documental sobre a forma de danza e de como se bailaban. Son as chamadas BASSE DANSES de Nancy de 1445, as de CERVERA en Lleida e o coñecido como "LIBRO DE BASSE DANSE DE MARGARIDA DE AUSTRIA" da Biblioteca Real de Bruxelas. En teoría a BASSE DANSE contén só catro tipos de pasos distintos: un par de simples, un número impar de dobres, un número impar de reprises e un paso chamado branle (unha media).

O "Grupo de Baile Donas sen Cabaleiros", composto aproximadamente por 50 voluntarias mostran aos visitantes na Praza Maior os modos de baile da época medieval.

Galería fotográfica

Vídeos relacionados

 

Fundación Festa da Istoria: Rúa Escobetes 10 - 32400 Ribadavia (Ourense) - Teléfono: (+34) 988 476 022 - E-mail: info@festadaistoria.com

© 2010 Fundación Festa da Istoria - Todos os dereitos reservados  |  Aviso legal - Política de privacidade - Privado    //    Deseño e programación Grupo5.com