A festa medieval de Ribadavia, declarada de Interés Turístico Nacional.

Fundación Festa da Istoria

galego  |  español  |  english

Accesibilidade Accesibilidade      Mapa do sitio Sitemap  Versión RSS RSS

SECCIÓNS

Festadaistoria.com

Festa da Istoria  » www.festadaistoria.com » Portada » Novas »

Agregar a Facebook Agregar a Twitter

AS NOVAS

Data: 12/04/2019

A Festa da Istoria acudiu a Mas de las Matas (Teruel), á asemblea anual da Asociación Española de Festas e Recreacións Históricas (AEFRH)

Festa da Istoria

Ás 20,00 horas, o Alcalde de Mas de las Matas, Pedro Pitarch Cañada tivo palabras de
agradecemento a todos os alí desprazados da AEFRH. Os anfitrións e organizadores de
‘O Regreso do Comendador’, o Grupo de Estudos Masinos recibiron a todos os
asistentes á asemblea, o presidente da asociación Joaquín Mir Sancho na súa
intervención manifestou: : “Queremos conseguir todavía más promoción y que se
conozca en todo nuestro Bajo Aragón nuestra recreación, de la que estamos tan
orgullosos”.
Antonio Madrid, presidente da Asociación Española das Festas e Recreacións Históricas
( AEFRH) na súa intervención manifestou que, ““Debemos engrandecernos más,
conseguir más apoyo ciudadano y por supuesto institucional”.
Asemblea.
Ao longo da xornada do sábado, e desde as 9:00 da mañá sucedéronse as reunións
propias da Asemblea, con cinco mesas de traballo, onde, ademais dos temas ordinarios
de xestión da Asociación Española, formalizouse a incorporación das novas festas que
pasarán a ser membros da AEFRH.
Deuse información sobre as actividades realizadas ao longo do ano, publicacións,
asistencia a eventos, informe de xestión, novo vídeo promocional elaborado con
fragmentos de vídeos de todas as Festas que compoñen a Asociación, para a
promoción en feiras e eventos turísticos, encontros e xornadas, tanto no territorio
nacional como europeo a través das actividades da Confederación Europea de Festas e
Manifestacións Históricas, á que pertence a AEFRH exercendo a presidencia por un
período de tres anos. A AEFRH realiza estas reunións nas distintas localidades ás que
pertencen as festas asociadas, co obxectivo de que todos os membros teñan
oportunidade de mostrar a riqueza e historia de cada lugar.
Ao redor dunhas 80 persoas, pertencentes a 31 recreacións históricas que xa forman
parte da AEFRH, participaron neste encontro entre representantes e acompañantes,
estes últimos dispuxeron dun programa paralelo de actividades, tendo oportunidade
de coñecer a localidade e os seus recursos turísticos.

Peche do programa.
Pola tarde, os anfitrións representaron brevemente nos arcos do Concello, o acto do
Regreso do Comendador, e posteriormente, como é costume houbo un desfile pola
cidade con todos os compoñentes, vestidos cos seus respectivos traxes festeros.
Unha Agrupación Coral na Igrexa de de San Juan Bautista (construción barroca do
século XVIII), deleitou aos asistentes cun variado repertorio de cánticos e panxoliñas
de época medieval. O broche final do sábado, pechouse cunha espectacular cea de
gala. Houbo entretementos durante a mesma. Ao final contouse coa intervención do
magnífico cantautor Chema Belo. E o Comendador tivo palabras de agradecemento
para todos os asistentes.
A próxima Asemblea de 2020 será o próximo ano na cidade de Calatayud (Teruel).
26 Festas e Cidades Asociadas.
Nas actualidade a AEFRH está formada por: Arde Lucus de Lugo, Astures y Romanos de
Astorga (León), Carthagineses y Romanos de Cartagena, Festa do Esquecemento de
Xinzo de Limia (Ourense), Guerras Cántabras de Corrales de Buelna (Cantabria),
Mercaforum de Calahorra (La Rioja), Bodas de Isabel de Segura de Teruel, Festa da
Istoria de Ribadavia (Ourense), Justas Medievales del Passo Honroso de Hospital de
Órbigo (León), Exconxuraos de Llanera (Asturias), Semana Medieval de Estella
(Navarra), Semana Renacentista de Medina del Campo (Valladolid), El Regreso del
Comendador de Mas de Las Matas (Teruel), El Cronicón de Oña (Burgos), El Sinodal de
Aguilafuente (Segovia), Lakuerter Ibera de Andorra (Teruel), Las Alfonsadas de
Calatayud (Zaragoza), Ferias Íbero Romanas de Cástulo, de Linares (Jaén), Reino de
Nájera, (Nájera- La Rioja), Homenaje a Guillem de Mont-Rodón, (Monzón), Fin de
Semana Cidiano, (Burgos), Iberfesta Olocau, (Valencia), Festival Templario de Jerez de
Los Caballeros, (Badajoz), Festival Medieval Villa de Alburquerque, (Badajoz), Privilegio
de la Vara de Noja, (Cantabria) e Festival Ducal de Pastrana, (Guadalajara).
5 novas incorporacións que se presentaron na Asemblea.
Feria Íbera (Cuenca) Barchín del Hoyo.
Festa da Reconquista da Vila de Vigo.
Fiesta Batalla de Atapuerca (Burgos).
Jornadas Medievales de Cortegana (Huelva)
Aillón Medieval (Segovia)

Fundación Festa da Istoria: Rúa Escobetes 10 - 32400 Ribadavia (Ourense) - Teléfono: (+34) 988 476 022 - E-mail: info@festadaistoria.com

© 2010 Fundación Festa da Istoria - Todos os dereitos reservados  |  Aviso legal - Política de privacidade - Privado    //    Deseño e programación Grupo5.com