A festa medieval de Ribadavia, declarada de Interés Turístico Nacional.

Fundación Festa da Istoria

galego  |  español  |  english

Accesibilidade Accesibilidade      Mapa do sitio Sitemap  Versión RSS RSS

SECCIÓNS

Festadaistoria.com

Festa da Istoria  » www.festadaistoria.com » Portada » Novas »

Agregar a Facebook Agregar a Twitter

AS NOVAS

Data: 24/10/2018

PROXECTO ERASMUS+ “VILAS MEDIEVAIS SUSTENTABLES”

Festa da Istoria

Dende maña mércores e ata o vindeiro venres unha delegación de
profesores da localidade irlandesa de Balbiggan, pertencente ao Condado
de Fingal e situada a 35 km de Dublín, estarán en Ribadavia para a
posta en marcha do proxecto Erasmus+ "Vilas Medievais Sustentables"
onde os estudantes irlandeses terán como obxectivo o estudo de Ribadavia
e do Ribeiro e a implantación do módelo da Festa da Istoria como un
exemplo de posta en valor do patrimonio artístico e cultural dunha vila
medieval, sendo os estudantes do Ribeiro os encargados de ensinarllo.

Este proxecto é posbile grazas á colaboración do profesorado do IES O
Ribeiro, a OMIX de Ribadavia, a Coordinadora Festa da Istoria e por
entidades homólogas na República de Irlanda e prevese inicialmente que
no próximo mes de xuño de 2019 veñan estudantes irlandeses a visitar
Ribadavia

Esta é primeira a fase dun proxecto que se pretende completar coa posta
en marcha dun irmandamento entre Ribadavia como capital do Ribeiro e o
Condado irlandés de Fingal, co claro propósito da posta en valor dos
recursos dos que dispoñemos tanto no ámbito vitivinícola como no
turístico.

Fundación Festa da Istoria: Rúa Escobetes 10 - 32400 Ribadavia (Ourense) - Teléfono: (+34) 988 476 022 - E-mail: info@festadaistoria.com

© 2010 Fundación Festa da Istoria - Todos os dereitos reservados  |  Aviso legal - Política de privacidade - Privado    //    Deseño e programación Grupo5.com