A festa medieval de Ribadavia, declarada de Interés Turístico Nacional.

Fundación Festa da Istoria

galego  |  español  |  english

Accesibilidade Accesibilidade      Mapa do sitio Sitemap  Versión RSS RSS

SECCIÓNS

Festadaistoria.com

Festa da Istoria  » www.festadaistoria.com » Portada » Concursos, cursos e obradoiros »

Agregar a Facebook Agregar a Twitter

CONCURSOS, CURSOS E OBRADOIROS

Festa da IstoriaIntroducción

Festa da Istoria

Os concursos axudan a integrarse culturalmente na Istoria.

A Fundación organiza diversos concursos coa idea de dar participación á xente que así o desexe. Para isto convoca 4 concursos en modalidades moi diferenciadas pero interesantes: uns coa idea de recuperar tradicións culinarias perdidas e outros como imaxe corporativa da propia Istoria nese ano.

No ámbito dos primeiros destacan os concursos de doces e licores artesanais que unha vez seleccionados os produtos e premiados por un xurado especializado, se poden comercializar sobre a base do nome da Istoria, e ocupan un lugar destacado na propia Festa.

No outro criterio encóntranse os concursos de carteis e fotografía. O primeiro deles é importante por se imaxe da Istoria ese ano, xa que o cartel gañador é o que publicitará a festa por todo o país.

No concurso de fotografía, o criterio é que participen profesionais e afeccionados, tanto na categoría de individual coma de colección. Todas as fotos premiadas quedan en poder da fundación.

Os premios van dende 300 Euros en doces e licores, a 1.000 Euros en carteis e fotografía, modificándose en función dos recursos anuais.

Galería fotográfica

Fundación Festa da Istoria: Rúa Escobetes 10 - 32400 Ribadavia (Ourense) - Teléfono: (+34) 988 476 022 - E-mail: info@festadaistoria.com

© 2010 Fundación Festa da Istoria - Todos os dereitos reservados  |  Aviso legal - Política de privacidade - Privado    //    Deseño e programación Grupo5.com