A festa medieval de Ribadavia, declarada de Interés Turístico Nacional.

Fundación Festa da Istoria

galego  |  español  |  english

Accesibilidade Accesibilidade      Mapa do sitio Sitemap  Versión RSS RSS

SECCIÓNS

Festadaistoria.com

Festa da Istoria  » www.festadaistoria.com » Portada » A Fundación »

Agregar a Facebook Agregar a Twitter

A FUNDACIÓN

Festa da IstoriaIntroducción

Festa da Istoria

A Fundación Festa da Istoria constituíuse o 29 de xullo de 1998 como Fundación Cultural. Está inscrita no Libro de Rexistro de Fundacións de Interese Galego correspondente á Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo co número 59.

A Fundación Festa da Istoria, entidade sen ánimo de lucro, ten a súa sede social na rúa Escobetes, 2 da localidade de Ribadavia (Ourense).

Festa da IstoriaÁmbito de actuación

A Fundación desenvolve as súas actividades en todo o territorio español e en xeral en calquera ámbito territorial, sempre que sexa de interese para a consecución dos seus fins.

Non obstante, a base territorial das súas actividades será a constituída pola Comarca do Ribeiro.

Festa da IstoriaObxectivos e fins

  • Promoción, Xestión, Proxecto e desenvolvemento da Festa da Istoria.
  • Contribuir á dinamización cultural, social e económica do seu entorno.
  • Contribuir á mellora e promoción das zonas monumentais, así como á recuperación histórica de monumentos e edificios, tanto no ámbito da investigación coma no bibliográfico.
  • Contribuir á promoción turística con actividades que promovan o interese pola comarca.

Festa da IstoriaActividades

Para cumprir os obxectivos e fins anteriormente descritos, a Fundación desenvolve as seguintes actividades:


  • Cada ano, coincidindo co último sábado do mes de agosto, realiza xunto coa Coordinadora a " Festa da Istoria".
  • Conservar, soster e enriquecer os fondos que constitúen as súas bibliotecas, arquivos e documentación, facilitando o seu acceso ao público en xeral, para iso chegouse a un acordo co Museo Etnográfico do Ribeiro no que se depositou estes fondos.
  • Promover a investigación e estudos relacionados coa bisbarra, a súa historia e monumentos.
  • Editar e publicar a revista " Festa da Istoria".
  • Organizar concursos de carteis, fotografía, repostaría e outros semellantes.
  • Organizar e promover cursos tendentes a recuperar a identidade histórica da comarca.

Festa da IstoriaPatronato

O Patronato está composto por:


  • O Presidente da Fundación é o Alcalde de Ribadavia, en representación do Concello.
  • Dos terceiras partes dos vogais, serán os representantes que designe a Asociación Coordinadora Festa da Istoria.
  • Un representante da Deputación Provincial de Ourense.
  • Un representante do Consello Regulador de Denominación de Orixe Ribeiro.
  • Un representante da Cooperativa Vitivínicola do Ribeiro.

Fundación Festa da Istoria: Rúa Escobetes 10 - 32400 Ribadavia (Ourense) - Teléfono: (+34) 988 476 022 - E-mail: info@festadaistoria.com

© 2010 Fundación Festa da Istoria - Todos os dereitos reservados  |  Aviso legal - Política de privacidade - Privado    //    Deseño e programación Grupo5.com