
» www.festadaistoria.com » Portada » A Coordinadora »
PresentaciónA Coordinadora Festa da Istoria nace no ano 1991 grazas ó impulso e a ilusión dos habitantes de Ribadavia. Con ese mesmo espírito, pero actualizándose constantemente, traballou e traballa para robustecer e proxectar o mundo da Festa da Istoria.
Obxectivos
A actual versión da Festa da Istoria é unha translación ó tempo da celebrada en Ribdavia ata o século XIX e que se encadraba nos festexos da Virxe do Portal, Patroa do Ribeiro.
Dentro dos obxectivos básicos da Festa da Istoria, sobresaen de sobremanera a recuperación de tradicións ancestrais e históricas, que formaron a propia historia de Ribadavia e da súa Bisbarra.
Neste ámbito, a Istoria permite coñecer oficios que hoxe en día están en decadencia ou xa esquecidos, tales como ferreiros, carpinteiros de armar, toneleiros, canteiros, cesteiros e un longo etcétera de tradicións artesanais populares de grande incidencia na historia económica de Galicia, sen esquecer a importancia do viño do Ribeiro.
Todo iso posibilita que a Istoria favoreza o turismo rural, monumental e cultural, ata cotas insospeitadas, con visitantes de toda Galicia e do resto do Estado Español nun número xa moi importante.
Integrantes
A Coordinadora está composta por veciños a título individual e outros que representan diferentes organizacións culturais. Todos os membros da asemblea teñen un voto á hora de decisión.
O prazo para integrarse na Coordinadora é de tres meses, dende a convocatoria de nova constitución, alá polo mes de setembro de cada ano.
Os membros que compoñen a Coordinadora, asumen as distintas responsabilidades do acontecemento cultural, entre eles, e comezan a desenvolver cada actividade sobre a base do traballo realizado en anteriores edicións.
Os membros da Coordinadora Festa da Istoria para a presente edición son os seguintes:
Fundación Festa da Istoria: Rúa Escobetes 10 - 32400 Ribadavia (Ourense) - Teléfono: (+34) 988 476 022 - E-mail: info@festadaistoria.com
© 2010 Fundación Festa da Istoria - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Privado // Deseño e programación Grupo5.com